Avión mantén 9 casos activos e Ribadavia sobe ata os seis contaxios

No Ribeiro, a comarca presenta un total de 21 contaxios. Avión segue á cabeza en infeccións activas por covid, con 9 casos activos, a mesma cifra ca onte. Ribadavia sobe un contaxio ata os 6 casos activos. Castrelo de Miño presenta tres casos activos e Beade presenta dous casos activos. Cortegada conta cun positivo dende o luns. E Arnoia, Carballeda de Avia, Cenlle, Melón e Leiro están libres de covid.