Máis de 3.400 mozos entre os 12 e os 13 anos vacináronse na primeira xornada

IES CHAMOSO LAMAS

O Servizo Galego de Saúde vacinou este pasado luns a preto de 33.000 rapaces e rapazas de 12 e 13 anos en toda Galicia, deles 3.424 en Ourense. Esta foi a primeira xornada dunha semana que estará dedicada a inoculación de doses a este rango de idade.

Con preto do 80% de asistencia os mais novos amosaron compromiso e responsabilidade. Recordamos que deben acudir acompañados polos seus proxenitores ou titores legais e dende todas as Áreas Sanitarias galegas esperan que se siga mantendo esta boa liña de participación.

HIPER MASIDE