Mañá, festivo local en Maside, celébrase o día gran do San Vitorio

A pesar de que un ano máis o San Vitorio non pode contar con verbenas, o concello programou unha serie de actividades para todos os públicos para manter viva a súa celebración. Hoxe, ás 22:00 horas,  “Padre no hay más que uno 2”.

Mañá venres, festivo local en Maside, celébrase o seu día grande dende as 10:00 horas, con bombas de palenque e pasarrúas coa banda A Lira de Ribadavia, que volverá a tocar logo da misa e procesión, que será ás 12:00 horas. Pola tarde, dende as 18:00h: Feira-Mostra de Artesanía infantil na Alameda e ás 20:00 h: Tarde de Folc e Troula co grupo “Tanto nos Ten” e a charanga CLK, na rúa Principal e no exterior dos bares. Para rematar, ás 24:00 h: Sesión de fogo. E o sábado, xornada similar con misa e procesión e, pola noite, dende as 22:30 h, Noite de Concerto cos grupos “Le Blank”, “The Impossiblues”, e “Malditos Pendejos”, na rúa principal.

AVANTAR ACTIVIDADES

E o sábado, xornada moi similar. Ás 10:00 h: Bombas de palenque e Pasarrúas coa Banda de Musica de Boborás. A partir das 12:00 h: Misa e procesión. ÁS 13:30 h: Concerto coa Banda de Müsica de Boborás, na Praza Maior. Xa pola tarde, dende as 18:00 h: Feira-Mostra de Artesanía infantil, na Alameda. Dende as 19:00 ás 22:00 h: Animación musical coa Charanga Castro Bello. E pola noite, dende as 22:30 h: Noite de Concerto cos grupos “Le Blank”, “The Impossiblues”, e “Malditos Pendejos”, na rúa principal.


VIDEO SPOT MASIDE en BADAL TV