Ribadavia presenta as Festas do Portal 2021, con actividades variadas

O Concello de Ribadavia fai publico o cartel das Festas do Portal 2021 que se celebrarán do 3 ao 9 de setembro. Serán unhas festas marcadas polas medidas de prevención e os protocolos de seguridade anticovid.

Así, todos os concertos e actividades serán con aforo controlado e limitado.

AVANTAR ACTIVIDADES

Non serán as festas que nos gustarían ter coas rúas e prazas cheas de actividades e concertos, pero desde o Concello apostase por manter as festas do Portal vivas e que a xente de Ribadavia e do Ribeiro poida gozar de todas estas actividades culturais, festivas e deportivas, sempre mantendo todas as medidas de prevención fixadas polas autoridades sanitarias.

Ademais, este ano as Festal do Portal terán unha importante programación deportiva coa involucración do tecido deportivo do municipio, e a organización de torneos e trofeos de Balonmán, Baloncesto, Fútbol Sala feminino,Tenis, Ximnasia Rítmica e Fútbol.

Compartimos toda a información da Programación das Festas do Portal 2021:

– Día 3, Venres, ás 22.30h no Castelo terá lugar o Festival “O País das Bandas” coa Agrupación Musical do Rosal.

– Día 4, sábado, todo o día terá lugar o FESTIVAL ARTEFICIAL, no que o Concello de Ribadavia participa e colabora activamente. O espazo central será na Alameda, e pecharase coa actuación de NOISERV no Castelo ás 22h.

– Día 5, 6, 7, 8 e 9 teremos actividades de animación de rúa polas mañás e concertos e actividades pola tarde- noite.

? 6, 7 e 8 DE SETEMBRO ÁS 22:00 HORAS NO AUDITORIO DO CASTELO: MERCEDES PEÓN, Banda Tributo DR. QUEEN, e GUADI GALEGO respectivamente.

? Entrada de balde e con control de aforo.

? Necesario recoller invitación mediante inscrición previa na casa da Cultura de Ribadavia.

? Horario: de luns a venres, de 09:00-14:00 horas.

? Teléfono: 988 471 900.

? Correo electrónico: casacultura@ribadavia.es.

? E o mesmo día do evento, unha hora antes na oficina da MIT, ata completar o aforo permitido.

– O día 8 será o día principal das festas por ser o día festivo local no que ademais está programada unha Gran Tirada de Fogos de Artificio ao final da xornada.