Avión mantén 11 casos activos e Ribadavia, estable, con seis casos

Publicidade ASPADISI

No Ribeiro, a comarca presenta un total de 24 contaxios (3 casos máis ca onte). Avión segue á cabeza en infeccións activas por covid, con 11 casos activos, a mesma cifra ca onte. Ribadavia os 6 casos activos. Castrelo de Miño presenta un contaxio máis ata os 4 casos activos e Beade presenta dous casos activos. Cortegada conta cun positivo dende o luns. E Arnoia, Carballeda de Avia, Cenlle, Melón e Leiro están libres de covid.