O BNG denuncia o estado das obras na estrada OU-525 entre Allariz e Ourense

A militancia do BNG de Allariz vén de constatar que no marco das obras de reforzo firme e MSV levadas a cabo na estrada OU-525 os residuos xerados están a ser depositados na cuneta. Ditos residuos atópanse no treito de dita estrada entre Allariz e Ourense, polo que afectan directamente á poboación do noso concello, moita da cal se despraza diariamente por esta estrada para, entre outras cousas, acudir aos seus postos de traballo.

Trátase de residuos de substancias contaminantes que precisan dun tratamento axeitado e que, polo mesmo, supoñen un risco para a contorna, algo especialmente grave no caso do concello de Allariz, que forma parte da Reserva da Biosfera. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Sumámonos, polo tanto, ás preguntas xa formuladas polos deputados do BNG Noa Presas, Iago Tabarés e Luis Bará á Mesa do Parlamento e esiximos que a Xunta, que posúe a titularidade da vía, asuma as súas responsabilidades e lle ofreza explicacións á poboación sobre a xestión destes residuos.