O Carballiño sobe tres casos ata un total de 36 casos activos

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid, a comarca do Carballiño baixa hoxe ata os 49 contaxiados (2 máis ca onte ). A capitalidade da comarca rexistra a mesma cifra ca onte, establecéndose nos 36 casos, tres máis ca onte. Boborás mantén os seis positivos. Maside baixa un caso ata os dous casos activos e San Cristovo de Cea e Piñor mantén tamén dous casos. Beariz conta cun so caso activo. O Irixo, Punxín e San Amaro están libres de covid.