Galicia rexistra 309 contaxios nas últimas 24 horas, baixando ata os 8.275 casos activos

A comunidade galega rexistra hoxe 309 contaxios, un ritmo de novos positivos que descende esta fin de semana. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 8.275, unha cifra que descende en preto dun milleiro de casos grazas ás altas desta fin de semana. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid hoxe presenta un descenso. Do total de pacientes positivos en Galicia, 54 (-5) están en UCI e 201 (-16) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras  rexistra hoxe 39 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais baixan ata os 687  casos activos,  logo do pequeno repunte desta fin de semana. Os hospitais hoxe presentan 27 (+1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 8 (-1) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES