Ribadavia reforza as axudas para material escolar e para a conciliación familiar

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Concello de Ribadavia quere reforzar o seu apoio a toda a Educación Infantil de Ribadavia, tanto nas axudas de material escolar como ao servizo de madrugadores.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Concello mantén a súa aposta polo servizo de conciliación. Así, despois de que o Concello ofertara o Programa de Conciliación Avia Verán durante os meses de xullo e agosto, e do cal facemos unha excelente valoración, agora co inicio do curso ponse en marcha de novo este servizo.

Ademais de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar dos pais e nais de Ribadavia, pretendemos que este servizo sexa atractivo para que máis familias novas decidan vivir e empadroarse en Ribadavia.

Prazo de solicitude: desde o 1 de setembro no Departamento de Dereitos Sociais.

O servizo é de 7.30h a 9h. Para alumnado de 3 a 12 (infantil e primaria) para todos os colexios do municipio de Ribadavia (CRA AMENCER e CEIP RIBADAVIA).

O prezo vai desde 15 euros a 35, en función de ingresos, número de fillos e o empadronamento.

Desde o Concello tamén se está ultimando a convocatoria das Axudas a material escolar para este curso, coa intención de aumentar as axudas e o número de beneficiarios.

En anteriores cursos o Concello só tivo 8 solicitudes en 2020 e 5 en 2019. O obxectivo do Concello é ampliar o número de nenos e nenas que se poidan beneficiar destas axudas, para o cal desde o Concello estamos estudando formulas que as favorezan. Esta semana darase cumprida información sobre estas axudas. E o prazo para solicitalas abrirase co inicio do curso escolar o vindeiro 9 de setembro.

O Concello vai aumentar este ano a partida orzamentaria para as axudas a material escolar de educación infantil (de 3 a 6 anos).