BNG de Leiro considera insuficiente e mal organizada a programación ofrecida polo Concello de Leiro con motivo da Festa da Vendima.

Desde o BNG consideramos que a oferta cultural programada polo concello de Leiro con motivo da Festa da Vendima foi insuficiente e con falta de organización. Emtendemos que una exposición fotográfica e un concerto da Banda La Lira son completamente insuficientes para dito evento. Isto non deixa de mostrar, una vez máis, a forma que este goberno ten de axir. Existe una falta total de previsión e a improvisación forma parte do modus operandi deste alcalde.

Aplaudimos a presenza da Banda de Música a Lira de Ribadavia, pero non entendemos o motivo de programar este concerto o venres pola tarde, deixando o propio día da festa (o domingo 29 de Agosto) sen ningún tipo de acto. Alén de dita banda, puido terse organizado algún outro concerto ou actividade que amenizase un fin de semana que é especial para toda a veciñanza do noso municipio.

AVANTAR ACTIVIDADES

Alén disto, tampouco entendemos por qué non se elaborou a cata de viños de colleiteiros do municipio na área do Salgueiral. Zona con espazo suficientemente grande como para evitar aglomeración indesexadas e na cal se podería controlar o acceso.

Desde o BNG volvemos reclamar e exixir ao señor alcalde que faga participes a todos os grupos municipais para a elaboración do programa da festa da vendima. Que en futuras edicións conte coas opinións das diferentes forzas políticas para poder facer da festa da vendima unha festa plural, que integre a toda a veciñanza.


VIDEO SPOT LEIRO en BADAL TV

CONCELLO DE LEIRO