O Carballiño baixa ata os 30 casos activos, dous contaxios menos ca onte

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid, a comarca do Carballiño baixa hoxe ata os 40 (-3) contaxiados. A capitalidade da comarca rexistra 30 casos activos, dous menos ca onte. Boborás mantén os seis positivos dende o pasado xoves. Maside baixa un caso para ter un so contaxio e San Cristovo de Cea, Punxín e Piñor manteñen un caso activo cada un. Beariz, O Irixo e San Amaro están libres de covid.