Ourense incrementa a nove as persoas ingresadas na UCI mentres descende os casos activos

A comunidade galega rexistra hoxe 260 contaxios, un ritmo de novos positivos que descende de novo nesta xornada. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 8.022, unha cifra que descende en máis de 200 casos nas últimas 24 horas. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid hoxe presenta un descenso. Do total de pacientes positivos en Galicia, 55 (+1) están en UCI e 169 (-32) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras  rexistra hoxe 28 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais baixan ata os 672  casos activos,  15 casos menos ca onte. Os hospitais hoxe presentan 20 (-7) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 9 (+1) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES