Cea anima á cidadanía a inscribirse na Agrupación de Protección Civil

Dende o concello de San Cristovo de Cea anuncian que está aberto o prazo de inscrición para formar parte da Agrupación de Protección Civil. Este ano, debido á situación sanitaria, os cursos serán de xeito online, cunha duración de 32 horas. Ademais de permitir a participación nesta agrupación, dan acceso a outros moitos cursos da Axencia Galega de Seguridade. Os que queiran máis información poden solicitala no enderezo electrónico avpc@concellodecea.com ou no teléfono 672122300.

AVANTAR ACTIVIDADES


VIDEO SPOT San Cristovo de CEA en BADAL TV