Este venres 3 de setembro comeza unha nova edición do “MES CULTURAL” que organiza a Asociación Veciñal San Breixo de Seixalbo de xeito ininterrompido desde hai 34 anos. O que nacera como SEMANA CULTURAL a finais dos oitenta, converteuse nun programa que se desenvolve anualmente na finalización do período estival. Fiel á tradición, comezaremos cun Preludio Musical e remataremos un mes despois co Concerto de Clausura.
Entremedias, un variado panel de actividades para todos os gustos e idades, no que destaca un Roteiro pola vila onde se poñerán en valor as tradicións e costumes, desde o fútbol, cun club fundado hai oitenta anos ata o entroido, viño, pementos ou as propias alfombras florais do Corpus, das que se fará un taller coa participación da xente máis moza.
Unha vez máis terán cabida as actividades máis solidarias, cunha Andaina de apoio ao Banco de Alimentos e tamén a xa clásica xornada de convivencia intercultural co programa Teranga da Fundación JuanSoñador.
Unha das actividades máis esperadas é a representación teatral escrita, dirixida e escriben, dirixen e interpretan as xentes do lugar overteuse interpretada por un elenco de máis de vinte actores e actrices afeccionados de Seixalbo, desta volta coa obra “O gran soño” que sen dúbida arrincará un sorriso a un público sempre fiel e agradecido.

PROGRAMA (Setembro/Outubro 2021)
Venres 3 PRESENTACIÓN. PRELUDIO MUSICAL. CÓCTEL INAUGURAL
Presentación : Xosé Carballido. Presidente AVV
Música: Mª Luisa Nóvoa/ Luis Borrajo
Degustación produtos galegos
20:30 h Praza das Laxas
Sábado 4 TARDE DE CINE
Sesión Infantil : O mundo de Disney (19:30 h)
Proxección: Gran Final ”Sóame a túa cara” (21:30 h)
19:30 h e 21:30 h Praza do Cabildo
Domingo 5 TARDE DE MAXIA E ILUSIONISMO
Mago Fernando Moreno
19:00 h Praza do Cabildo
XORNADA DE CONVIVENCIA : FOLIADA VECIÑAL
Portas abertas á nosa música popular
20:00 h Parque da Infesta
Mércores 8 DÍA DA RAPAZADA
Xogos Tradicionais
Festa da Escuma
Castelos Inchables
17:00 h Parque da Infesta
Venres 10 CONVIVENCIA INTERCULTURAL: PROGRAMA TERANGA
Fundación JuanSoñador-Ourense
18:00 h Parque da Infesta
NOITE DAS ESTRELAS: APRENDENDO DO CEO
Dosi Veiga. Editor de Ceos Galegos
21:30 h Parque da Infesta
Sábado 11 OBRADOIRO DE BATUCADA
Juan Jesús Gómez. Director Perqtores
18:00 h Auditorio de Penouzos
Domingo 12 CONVIVENCIA VECIÑAL
Sesión Vermú
Feira do Pulpo
Foliada veciñal
Grupo de Gaitas
12:30 h Praza do Cabildo
Venres 17 CLUB DEPORTIVO SEIXALBO: ALGO MÁIS QUE FÚTBOL
Maxi Cid. Presidente C.D. Seixalbo
20:30 h Praza das Laxas
Sábado 18 ROTEIRO: SEIXALBO, CULTURA E COSTUMES
A nosa vila (Parque da Infesta)
As nosas xentes (Rúas e Canellas)
A nosa música (Local Agromadas)
O noso fútbol (Local CD Seixalbo)
O noso Belén (Local Parroquial)
A nosa torre do reloxo (Igrexa San Breixo)
O noso viño (Adega do Hixinio – Rúa da Regata)
O noso entroido (Praza de San Martiño)
As nosas alfombras de Corpus (Praza Maior)
Os nosos pementos (Degustación: Praza Cabildo)
19:30 comezo Parque da Infesta
Domingo 19 ANDAINA SOLIDARIA CO BANCO DE ALIMENTOS
Cota de inscrición : 5 € (Infantil gratis)
A recadación íntegra será para o Banco de Alimentos
Percorrido arredores Seixalbo. Dificultade media
09:30 h Saída Parque da Infesta
Sábado 25 TEATRO “O GRAN SOÑO”
Grupo Teatreiro “Ese día Sae. Dirección: Marisol Delgado
22:00 h Auditorio de Penouzos
Domingo 3 (outubro) CONCERTO DE CLAUSURA
Grupos: Cantigas de Seixo e Trovare
19:30 h Igrexa de San Breixo
En todas as actividades seguiranse os protocolos COVID-19. Será obrigatorio o uso de máscara incluso nos espazos exteriores. As actividades ao aire libre poden sufrir modificacións en función da meteoroloxía.