Ribadavia sobe ós tres contaxios e Avión mantén cinco casos activos

No Ribeiro, a comarca presenta un total de 14 contaxios, mesma cifra ca onte. Avión segue á cabeza en infeccións activas por covid, con 5 casos activos, a mesma situación ca onte. Ribadavia presenta 3 casos activos, un máis ca onte. Castrelo de Miño mantén 4 casos activos e Beade, que contaba con dous casos, hoxe baixa ata un so positivo. Cortegada conta cun positivo dende fai unha semana. E Arnoia, Carballeda de Avia, Cenlle, Melón e Leiro están libres de covid.