A comunidade galega rexistra hoxe 330 contaxios, un ritmo de novos positivos que se mantén nesta xornada. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 7.522, unha cifra que descende en preto de 300 casos nas últimas 24 horas. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid hoxe presenta un descenso. Do total de pacientes positivos en Galicia, 53 (+1) están en UCI e 153 (-3) en unidades de hospitalización.
A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras rexistra hoxe 45 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais baixan ata os 679 casos activos, 16 casos menos ca onte. Os hospitais hoxe presentan 20 (=) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 7 (+1) na UCI.