Medio Rural visita os danos do pedrazo nas viñas do Ribeiro

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), José Luis Cabarcos, e polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou hoxe varias zonas afectadas polas treboadas de pedrazo na denominación de orixe Ribeiro.

A Xunta insiste na necesidade de asegurar os cultivos fronte a incidencias deste tipo. O conselleiro aos produtores que poden acollerse á orde de axudas que convocou o Goberno galego en xaneiro pasado para fomentar os seguros agrarios. Así, as achegas da Xunta para fomentar a contratación das pólizas agrarias ascende neste 2021 aos 6 millóns de euros, un 20% máis que o orzamentado o ano pasado.

AVANTAR ACTIVIDADES