venres día 3 presentación do libro: A orixinalidade radica na orixe. “O concepto da imaxe galega na estética de Vicente Risco”

 O venres, 3 de setembro de 2021, as 20 h na Fundación Vicente Risco en Allariz.

O contido esencial do libro está centrado entorno a idea principal: o concepto da imaxe galega na estética de Vicente Risco. Nese sentido os autores falarán de como o Atlantismo, o Celtismo, as Vangardas Históricas e a Fantasía Artística corresponde os alicerces deste concepto.

AVANTAR ACTIVIDADES

E tamén sobre como o legado de Risco viuse en relación con artistas como Imeldo Corral e Camilo Díaz Baliño, ou poetas como Cabanillas. Igualmente supón unha reflexión sobre a relevancia da imaxe na cultura contemporánea e o traballo de distintas ramas artísticas. Igualmente farase análise de como foi elaborado o libro, posto que dada a complexidade de estas cuestións, foi preciso dous puntos principais: a documentación, moi detallada, e unha visión pedagóxica, divulgativa e comunicativa. Puntos estudados para poder ser transmitido este concepto de forma axeitada a distintos niveis e enfoques, unindo os puntos e conformando todo un panorama cultural, social, artístico, estético e histórico.