Esta mañá, presentouse no concello o concerto que ofrecerá a Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia, dentro do seu terceiro encontro organizado pola Federación Galega de Bandas. Este evento será mañá sábado, na Praza da Veracruz, dende as 19:00 horas.
Esta semana realizaron o seu terceiro encontro de bandas, con sede no Carballiño, con actividades culturais e didácticas na vila, ademais dos ensaios para o concerto.
O concelleiro de cultura, Diego Fernández, agradeceu que escollesen o Carballiño para o seu encontro, dando a oportunidade de que coñezan a vila.