O Concello de Leiro firma un convenio para actuar en Pena Corneira e nos accesos aos miradoiros do Outeiral e ao Coto da Torre

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Alcalde de Leiro Paco Fernández e a Axencia Turismo de Galicia firmaron un convenio de colaboración para a adecuación de infraestruturas e mobiliario no entorno da area recreativa da Pena Corneira e nos accesos aos miradoiros do Outeiral e ao Coto da Torre.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O orzamento estimado para as actuacións obxecto deste convenio ascende a 49.704,11 €,

  • O concello de Leiro pretende emendar o deterioro das infraestruturas do entorno de
    Pena Corneira e dos accesos ao mirador do Outeiral e ao Coto da Torre, para mellorar a
    accesibilidade e sinalización dos recursos e consolidar a oferta turística nesta zona

A Serra da Pena Corneira foi declarada Monumento Natural polo Decreto 264/2007, de 20 de decembro (DOG nº 13, de 20 de decembro de 2007), polo seu singular valor paisaxístico e xeolóxico. A declaración desta contorna como Monumento Natural permitiu que a Serra de Pena Corneira contase cunha figura específica de protección, de maneira que soamente admitise os usos e actividades que non puxesen en perigo a fauna, flora e ecosistemas existentes, permitindo os usos ou actividades tradicionais que non poñan en perigo os valores naturais.
Para potenciar o goce desta contorna, ao longo dos anos fóronse construíndo infraestruturas turísticas no medio rural como áreas recreativas, roteiros de sendeirismo, miradoiros, aulas de interpretación da natureza,… que favorecen a afluencia de visitantes.
Entre as actuacións de mellora nas infraestruturas e dotacións do área recreativa da Pena Corneira levaranse a cabo a adecuación e saneamento das augas na contorna das fontes, a limpeza e reparación de pavimento de pedra rústico, a reparación do tellado da cuberta das mesas, a reposición do valo de madeira como as existentes e o reforzo e reposición da cartelería ambiental e dos elementos de sinalización.
No que respecta ao acceso ao miradorio de O Outeiral, levaranse a cabo a roza da vexetación das marxes e a instalación de bancos que permitan o descanso dos usuarios, así como a plantación de árbores autóctonas nas zonas de descanso.
No acceso ao miradoiro do Coto da Torre é preciso a colocación na beira dos chanzos de acceso dunha varanda a base de postes de madeira tratada e dúas liñas de corda.
Así mesmo levaranse a cabo melloras na aula da natureza.


VIDEO SPOT LEIRO en BADAL TV

CONCELLO DE LEIRO