O concello e a Xunta optan por un novo centro de saúde con tres opcións no entorno do actual

O próximo luns, o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, enviará unha memoria á Xunta de Galicia con tres propostas de ubicación para o traslado do centro de saúde. Esta opción foi a considerada máis viable polos técnicos, logo de analizar varias propostas. As tres opcións atópanse nas inmediacións do edificio actual, considerada a máis idónea por ter preo o heliporto e contar con espazo que se podería facer dotacional.

Unha vez obteñan o visto bo da Xunta de Galicia, o concello procedería á adquisición dos terreos, a través da oferta pública, para poder poñelos a disposición da Xunta e comezar co proceso de adxudicación do proxecto.