O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a convocatoria para conceder subvencións a asociacións e institucións culturais sen ánimo de lucro do municipio do Carballiño para a organización de actividades culturais no ano 2021. Poderán optar as asociacións e institucións culturais legalmente constituídas, sen ánimo de lucro, con domicilio social no Carballiño e inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, ao menos cunha antigüidade mínima de seis meses. O importe total asinado no orzamento municipal ascende a 5.000 euros. A axuda máxima por beneficiario será de 3.000 euros. As axudas serán compatibles con outras para o mesmo fin. Os beneficiarios deberán presentar a solicitude no prazo dun mes.