Mañá, 7 de setembro, ás 20,30 horas desde a Fonte da Praza da Barreira en Allariz NÓS AS MULLERES realizarán unha visita teatralizada.

Nós as mulleres é unha das iniciativas que se enmarcan no proxecto da Bela Auria (xunto a Universidade, a Fundación Vicente Risco e a Fundación Otero Pedrayo) PRATEA.GAL, o mapa literario da Vía da Prata. (vídeo dedicado a Piñor e Camilo José Cela) —https://youtu.be/5wKem8jtuNA

Ala polo 1933 Margot Spöner (alemá que escribiu na revista Nós) vendo a situación no seu pais, Alemaña, non cree que poida voltar a terrra que a acolleu cos brazos abertos, a súa Galicia querida. Unha ultima escapada para reencontrarse coas letras coa fala e cos agarimos dos seu colegas de Nós. Francisca Herrera Garrido crúzase no seu camiño e aínda que non se coñecían decubren no seu percorrido que as letras e o amor a terra as une.https://youtu.be/DQWtOeEgTjg(Vídeo introdutorio a Nós as Mulleres).

AVANTAR ACTIVIDADES