Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 25 contaxiados
A vila conta con 16 casos a dia de hoxe, 7 menos ca onte
San Cristovo de Cea e Piñor contan con dous casos activos cada un , Punxín sube dous casos e ten 3 a dia de hoxe .boboras ten un caso, baixando dous con respeto a onte, maside manten 1 caso e Beariz, O Irixo e San Amaro están libres de covid.
Dende este pasado venres, que se sumou O Carballiño, todos os concellos da comarca están no nivel de restricións Medio-Baixo, debido á boa evolución de baixada de casos.
Limitación: 6 persoas no interior e dez no exterior .Entre as 3.00 e as 6.00 soamente conviventes.
Establecementos de hostalaría e restauración: Interior 75% e Terrazas: 100%.
Lecer nocturno: permitido interior ao 50% e terrazas ao 100%. Peche ás 03.00 horas.
GRÁFICO EVOLUCIÓN do covid no Carballiño de xuño a setembro
