Eladio Fernández Vázquez, concelleiro de CxG no Concello de Punxín, o amparo do disposto no artigo 97.3 do ROF, presenta ante o Pleno da Corporación a seguinte
MOCIÓN: a creación de free tour punxín
Exposición de motivos:
Punxín goza de una posición estratéxica ideal para aproveitar e promover dunha maneira activa por o Servizo de Promoción económica do Concello as nosas potencialidades no eido do natureza, gastronomía, termalismo e outras facetas sen por en valor.
O formato que propón CxG, chamado “free tour”, está sendo cada vez máis utilizado como medio de promoción turística da zoa e como reclamo para estimular a chegada persoas atraídas por este novo formato de reclamo turístico.
O Concello debería tomar a iniciativa para promover as condicións que, xa sea desde a iniciativa privada incentivada ou dende a propia administración local, Punxín sexa un punto clave receptor do turismo activado por este innovador formato.
En Punxín temos suficiente materia prima para atraer visitantes e con elo riqueza, como son os Paseos do Río Barbantiño, A Fervenza, O Bañiño, O Castro de Las e San Trocado, as igresas barrocas… e todo aderezado coa degustación dos produtos da nosa rica horta, entre outros os pementos de Punxín e os mañíficos caldos do Ribeiro.
Por todo iso, CxG solicita: Ao Pleno da Corporación de Punxín a aprobación das medidas necesarias que permitan dispoñer dun Servizo Free Tour Punxín