O carballiñes Roberto Pascual acaba de gañar o premio Rafael Dieste de textos teatrais 2021

“Sophie non é o meu nome de guerra” é o título da obra gañadora por unanimidade da XX edición deste premio.

O xurado salientaba que “se trata dun texto poético para unha historia descarnada que trata temas de máxima actualidade como é a migración feminina”. Engaden que “aborda un tema insólito no teatro galego xa que expón unha realidade próxima aínda que parece invisible como é o tráfico de persoas e o emprego do corpo da muller”. O fallo do premio valora ademais que “a historia está contada de xeito innovador, con calidade literaria e constrúe unha personaxe feminina moi complexa”.

AVANTAR ACTIVIDADES