ABANCA, Afundación e o Concello de Maceda presentan a mostra «Nós tamén fomos emigrantes»

I Abrirase ao público a partir de mañá, mércores 8 de setembro, no salón de actos do Concello

I A exposición enmárcase no proxecto «Corrente cultural» que propicia a colaboración entre o Concello de Maceda, ABANCA e Afundación

AVANTAR ACTIVIDADES

O Concello de Maceda, ABANCA e Afundación presentan a exposición «Nós tamén fomos emigrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española no século XX». O acto de apertura terá lugar mañá mércores 8 de setembro, ás 11.00 h, no salón de actos do Concello, e contará coa asistencia do alcalde de Maceda, Rubén Quintas Rodríguez; Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense; Lucía Santás, directora da oficina de ABANCA en Maceda e Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo.

A exposición recolle unha selección de corenta fotografías da emigración, tanto española como galega, procedentes dos arquivos da Axencia EFE. O obxectivo é tratar de achegarnos a esa realidade histórica a través dunha síntese fotográfica das migracións mediante a mirada profesional e humana dos fotoxornalistas da época. Poderase visitar ata o vindeiro 11 de outubro, de luns a venres de 9 a 15.00 h.

Esta colaboración é parte do proxecto «Corrente cultural», que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás vilas galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade.

EventoInauguración da exposición «Nós tamén fomos emigrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española no século XX»
LugarSalón de actos do Concello (Vicente del Bosque, 2)
Data e horaMércores, 08 de setembro ás 11.00 h
  AsistentesRubén Quintas Rodríguez, alcalde de Maceda Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense Lucía Santás, directora da oficina de ABANCA en Maceda Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo