Cada vez hai menos persoas sen certificado covid porque a Xunta de galicia emitiu xa un total de 1.794.403 certificados.

09,00 h.- O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informará en rolda de prensa dos asuntos tratados no comité clínico. Asistirán tamén a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, e o xerente do Sergas, José Flores. No salón de actos. Poderase seguir na ligazón https://us02web.zoom.us/j/87111017796 e a través dos teléfonos 917 873 431; 843 685 025; 917 870 058 (código da reunión: 871 1101 7796). foto xoán crespo 29/12/2020

Deles, 1.728.260 foron certificados de vacinación, 40.642 foron certificados de resultado de proba diagnóstica e outros 25.501, certificados de ter superada a enfermidade. Así mesmo, a Xunta de Galicia, en colaboración coas áreas sanitarias, continúa a realizar tests de antíxenos de maneira gratuíta nos puntos situados nos diferentes distritos sanitarios. Ata o día de hoxe, estes puntos realizaron tests a un total de 27.393 persoas, o que permitiu detectar 309 casos positivos. Ademais, e tras aprobarse por parte do Goberno de España a venda de autotest nas oficinas de farmacia, a Xunta de Galicia asinou, co obxectivo de evitar unha maior carga asistencial na atención primaria, un acordo cos Colexios Oficiais de Farmacéuticos de Galicia para que as oficinas de farmacia adheridas poidan acreditar a validez dos resultados destas probas e integrar os seus resultados nos rexistros do sistema público de saúde. Ata o día de hoxe, as oficinas de farmacia rexistraron os resultados das probas dun total de 35.398 persoas, que permitiron localizar as 464 persoas con resultado positivo.