Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 25 contaxiados ( igual ca onte ) e un índice por 100000 habitantes de 94
A vila conta con 17 casos a dia de hoxe, 1 máis ca onte
San Cristovo de Cea e Piñor contan con dous casos activos cada un , Punxín ten dous casos . Boborás ten un caso. Maside manten 1 caso e Beariz, O Irixo e San Amaro están libres de covid.
Dende este pasado venres, que se sumou O Carballiño, todos os concellos da comarca están no nivel de restricións Medio-Baixo, debido á boa evolución de baixada de casos.
Limitación: 6 persoas no interior e dez no exterior .Entre as 3.00 e as 6.00 soamente conviventes.
Establecementos de hostalaría e restauración: Interior 75% e Terrazas: 100%.
Lecer nocturno: permitido interior ao 50% e terrazas ao 100%. Peche ás 03.00 horas.
GRÁFICO EVOLUCIÓN do covid no Carballiño de xuño a setembro