O Consello Regulador presenta o seu novo proxecto dixital: Banco de parcelas D.O. Ribeiro

O presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Manuel Casares Gándara, presentou esta mañá no Centro Cultural Marcos Valcárcel, de Ourense, o novo proxecto dixital consistente na creación dun banco online de parcelas de viñedo rexistrado na D.O. Ribeiro. Durante o acto de presentación estivo acompañado por un dos representantes dos viticultores no pleno, Carlos Basalo (UUAA) e polo deseñador do site web Emilio Cuíñas (Autoxiro).

Trátase do novo site https://bancodeparcelas.ribeiro.wine/ onde tanto persas físicas como xurídicas terán a oportunidade de ofertar ou demandar parcelas de uso vitícola. O principal obxectivo é dinamizar os contactos entre as dúas partes interesadas no movemento de parcelas sen participar nas condiciones de uso nin económicas. O Consello Regulador actuará como medio de comunicación coa posta en marcha dunha web para facer público o interese de persoas físicas e xurídicas de poñer no mercado parcelas para a súa venda, aluguer, cesión ou calquera outra figura que ambas partes acorden.

AVANTAR ACTIVIDADES

Juan Manuel Casares explica que “coa creación este espazo web estamos atendendo a unha demanda solicitada en numerosas ocasiones por viticultores recibidas nas súas visitas ás nosas instalacións do Consello Regulador”.

Carlos Basalo resalta a importancia de “mellorar a mobilidade de terras e favorecer o relevo xeracional aumentando a superficie das explotacións para facelas más rendibles, evitando ao mesmo tempo a perda de dereitos de plantación”.

En dita páxina web inscribiranse unicamente parcelas que estean rexistradas no Consello Regulador como fincas de uso vitícola (en plantación, produción, semiabandono, etc).

Para dar de alta as viñas no sistema poderán facelo de forma presencial ou online, incluindo tres fotografías da propiedade, datos da súa localización, descrición das cepas e o seu estado e datos de contacto.