Marina Ortega do grupo socialista propón a renovación do mobiliario das áreas hospitalarias de pediatría para facilitar a pernocta dos acompañantes

IES CHAMOSO LAMAS

Marina Ortega apunta que unha noite no hospital “nunca é agradable, pero pode ser máis cómoda”

A parlamentaria socialista Marina Ortega presentou unha pregunta na Comisión de Sanidade do Parlamento para reclamarlle á Consellería de Sanidade que renove o mobiliario das áreas hospitalarias de Pediatría para facilitar o descanso nocturno dos acompañantes. Ortega sinalou que unha noite no hospital “nunca é agradable, pero pode ser máis cómoda”.

HIPER MASIDE

A responsable socialista reclamou a renovación do mobiliario “por outro máis actualizado e máis cómodo pensado para que poida cumprir a función para a que está concibido”, xa que a día de hoxe “na maioría dos casos é imposible conciliar o sono nas cadeiras de brazos reclinables” presentes nos centros hospitalarios galegos.

Ortega reclamou atención ao benestar dos acompañantes dos pequenos e das persoas dependentes, que necesariamente teñen que estar acompañados polas noites no caso de verse obrigados a pasar polos hospitais. Apuntou que os nais e pais, e os acompañantes en definitiva, “teñen que estar ao cen por cen para os fillos a nivel físico e mental”, o que pode ser “moito peor se levas semanas ao seu carón sen pegar ollo”.

Apuntou que un hospital “non é un sitio axeitado para conciliar o sono como nas casas, pero podemos contribuír a mellorar” o descanso no posible para atravesar un “proceso vital estresante e complexo”. Sinalou que “non son queixas puntuais, trátase dun tema recorrente entre a cidadanía que ten que pernoctar para acompañar a u familiar”.


pregunta para a súa resposta oral en Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e
Emprego.

Sen necesidade de padecer unha doenza crónica ou grave é frecuente que
calquera persoa precise dun ingreso hospitalario ao longo da súa vida. Cando a
propia patoloxía é grave ou require dun tratamento e seguimento médico
específico, o ingreso pódese alongar no tempo.
O feito de que a persoa ingresada ou paciente sexa menor, ou maior de idade con
discapacidade ou dependencia, fai imprescindible o acompañamento e pernocta
dos proxenitores ou titores, salvo mínimas excepcións nas que o facultativo o
observe contraproducente por motivos clínicos.
Dende o Grupo Parlamentario Socialista consideramos importante non só o
benestar do ou da menor ou maior de idade con discapacidade ou dependencia,
senón tamén do pai, nai ou titor que acompañe e pernocte con dito paciente. Por
iso, é fundamental que a Consellería de Sanidade leve a cabo un inventario ou
supervisión do material para uso dos acompañantes en materia de descanso. En
concreto é fundamental revisar o estado dos sillóns ou sofás nos que os
acompañantes pernoctan e valorar a súa funcionalidade, así coma roupa de cama,
almofadas, etc. Existen casos concretos nos que se nos informa dun ingreso
prolongado no tempo, e a nai do menor ingresado non dispuña de mantas nin un
sillón en condicións óptimas para permitir o seu correcto descanso.
O descanso dun proxenitor que ten ao seu fillo/a ingresado non só contribúe ao
benestar físico, senón tamén emocional. Estado emocional que pode condicionar
ou contribuír na mellora da afrontación desa etapa de enfermidade, tan dura sobre
todo nos casos máis graves.

Polo que dende o Grupo Socialista consideramos importante que dende a
Consellería de Sanidade se invista nunha renovación de sofás de descanso para
acompañantes, garantindo que permitan un descanso real e san, mediante
sofás ergonómicos que cumpran a funcionalidade prevista aproveitando os
avances actuais.
Por todo o exposto, a deputada e o deputado que asinan formulan as seguintes
preguntas para o seu debate en Comisión:

  1. Existe un inventario sobre o mobiliario e recursos para o descanso de
    acompañantes nas áreas de pediatría?
  2. Como valora a Consellería a proposta de renovación de este tipo de
    recursos para mellorar o descanso de acompañantes en pediatría ou con
    persoas maiores dependentes ou con discapacidade?