Luis Seara: “O Museo Municipal é un museo de referencia dentro e fóra do noso país. Se lle retiramos a parte expositiva é como se lle estivésemos amputando unha parte importantísima e que lle da sentido”.
Para o Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense o anuncio feito polo Goberno local de trasladar a parte expositiva do Museo Municipal á Sala Valente para que teña unha maior visibilidade amosa a “falla de modelo e de proxecto sobre o que se quere a nivel cultural”.
Segundo o Concelleiro Luis Seara, a priori, “o traslado á Sala Valente para darlle unha maior visibilidade podería estar ben senon escondese detrás a falla total de modelo e do que se quere facer”, e engade “temos un goberno que se move a bandazos pois unha sala coma a Valente nun primeiro momento querían convertela en oficinas e agora parece que recupera a idea de seguir sendo unha sala expositiva, algo do que nos aledamos profundamente, pero non a costa do Museo Municipal”.
En relación precisamente ao Museo Municipal, Seara lembra que “é un museo de referencia dentro e fóra do noso país. Se lle retiramos a parte expositiva é como se lle estivésemos amputando unha parte importantísima e que lle da sentido”.