Avanza o Pacto Social de AquaOurense, coa primeira mesa de traballo no eixo “Solidariedade”

IES CHAMOSO LAMAS

O Pacto Social, promovido por AquaOurense, a empresa mixta formada pola Deputación de Ourense e por Viaqua, ten como obxectivo dar resposta aos novos retos sociais e económicos derivados da crise sanitaria e da crise climática, apostando pola solidariedade, o emprego de calidade e a reconstrución verde na provincia de Ourense. O tecido empresarial e social de Ourense xogará un papel fundamental no Pacto Social, a través da cooperación e o diálogo que levará a cabo nas tres mesas de traballo.

No Comité Executivo do Pacto Social de AquaOurense, realizado no mes de xullo e presidido polo titular da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, constituíronse as mesas de traballo e determinouse a periodicidade dos tres eixos que compoñen o Pacto: solidariedade, emprego e reconstrución verde.

HIPER MASIDE

Onte mércores, no Salón de Plenos da Deputación, levou a cabo a primeira reunión da mesa de traballo do eixo Solidariedade, na que participaron as principais entidades do ámbito social da provincia, como son: Cruz Vermella, Once, Banco de Alimentos, Caritas, Fegamp, Xunta de Galicia, Deputación de Ourense e AquaOurense.

Os dous obxectivos que se abordarán na mesa de traballo ao longo das distintas reunións son: garantir o acceso á auga a todas as persoas, mediante o impulso e reforzo dos fondos, tarifas sociais e outras medidas de flexibilización do pago de factúraa da auga, e reducir as desigualdades e promover unha sociedade máis xusta, a través de programas ou iniciativas sociais en colaboración co “terceiro sector” e programas de voluntariado corporativo dirixidos ao desenvolvemento social das comunidades. Paralelamente estase constituíndo a mesa de traballo do eixo Emprego, cuxa primeira reunión celebrarase previsiblemente tamén neste mes de setembro.