Comentarios a modificación da área industrial do carballiño (III) : “Xestión das augas pluviais e escorrentías”

A proposta de modificación da área industrial do Carballiño, pretende desenvolver dúas zonas ben diferenciadas; unha delas situada ao sur do actual polígono industrial e dentro do termo municipal do Carballiño, cunha superficie de 20 Has. e a outra máis extensa, abrangue unha superficie de aproximadamente 100 Has. e ubicada o leste da actual área industrial e integrada na súa totalidade da superficie dentro do termo municipal de Maside.

3) Xestión das augas pluviais e escorrentías

AVANTAR ACTIVIDADES

Como ben sinalamos en apartados anteriores, a zona proposta e integrada no Concello de Maside atravesa o río Varón, e toda a zona atópase na bacia deste río, polo que a impermeabilización do solo pola construcción de infraestructuras que se vaian realizar na urbanización do devandito polígono indutrial, vai facer que chegue o cauce fluvial moita máis auga dun xeito máis rápido e dunha maneira máis doada, podendo provocar danos económicos e persoais na poboación do Carballiño; estes danos veñen derivados fundamentalmente en que o Río Varón atravesa o Carballiño de Leste a Sur, ocupando unha das áreas de maiores posibilidades de expansión para O Carballiño, principalmente nas contornas da Rúa Ourense, Rúa Alexandre Bóveda, Rúa Aquilino Sánchez e a parroquia de Señorín, entre outras e con especial atención ao pobo do Penedo, o cal se atopa ao final do tramo da ARPIS  ES010-OU-01-04-20, e destacar que este lugar atópase construido a beira do río Varón.

            A dia de hoxe a CHMS ten en exposición pública o mapa de riscos de inundacións, sinalando todas as ARPIS da bacia.

            As ARPIS son Áreas con riscos potenciais significativos de inundación. A Confederación Hidrográfica Miño-Sil considera un tramo do Río Varon  de 4,5 km dende Corzos (Maside) ata o Penedo (O Carballiño) e co CÓDIGO ES010-OU-01-04-20 como unha zona de alto risco de inundacións, icluso existe un rexistro histórico coas diferentes inundacións e que afectaron ao Río Varon.

            A pouca distancia, da zona empresarial proposta no Concello de Maside, atopámonos con diferentes infraestructuras de interese xeral como pode ser a vía ferrea, a Estrada N-541 entre outras infraestructuras de menor relevancia, pero que tamén poden significar obstáculos no propio río como poden ser pequenas pontes, ou nalgún lugar concreto tamén podemos apreciar como o río se atopa entubado. Logo tamén suliñar a ubicación do Centro de Saúde do Carballiño que se atopa nas inmediacións do río Varón.

            Por último, salientar, os graves perxuicios económicos que poderían ter os propietarios dos solares próximos a este río ao paso polo casco urbano do Carballiño, que como ben comentamos anteriormente é esta a principal área de expansión para o crecemento do Carballiño.

DATOS HISTÓRICOS DE INUNDACIÓNS NA ARPSI Nº: ES010-OU-01-04.

CONCLUSIÓNS:

1) Non se pode considerar que esta sexa unha modificación da Área industrial do Carballiño, máis ben deberíase tratar ou considerar, como unha nova Área Industrial no Concello de Maside.

2) De calquera proposta dunha nova área industrial deberase excluir o río Varón, incluida a zona de Policía para a protección dos diferentes hábitats prioritarios e non prioritarios existentes, así como evitar no posible episodios non desexados de inundacións e contaminacións do ecosistema fluvial e que poden traer perxuicios económicos, sociais e ambientais moi graves para a poboación do Carballiño.

3) Rechazar a actual proposta de modificación da Área Industrial do Carballiño en canto a zona que aparece delimitada íntegramente no concello de Maside.

4) O documento facilitado para realizar os comentarios ou alegacións pertinentes é moi xenérico, cartografía pouco precisa, fallan mapas de pendentes, orientacións…, non existen estudos de ningún tipo como pode ser estudos da fauna, vexetación, ecosistemas, hidrolóxicos, xeoloxía….

Colectivo da defensa do Patrimonio do Carballiño