O concello apraza actividades culturais a causa da choiva

O concello do Carballiño tomou a decisión de aprazar algunhas das actividades culturais programadas para estes días a causa do mal tempo. Unha delas era o espectáculo Legado de Tibu, aprazado onte pola tarde e que se celebrará o domingo 26 de setembro.

Outra das actividades que queda aprazada é o concerto da Big Band “Garufa Blue Devils”, programada para mañá martes, e que queda cancelada a causa da mala previsión do tempo. A actuación terá lugar o sábado 2 de outubro.

AVANTAR ACTIVIDADES