A CHMS asegura a “manipulación, por parte da Xunta de Galicia, sobre o baleirado de encoros”

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependiente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) responde ao cúmulo de despropósitos e afirmacións incorrectas sobre a baixada de nivel en 4 encoros da bacía, tratando de trasladar as responsabilidades polo impacto medioambiental á Confederación Hidrográfica Miño Sil, esquecendo que todo é demostrable con correos electrónicos, con leis e regulamentos.
Importante destacar que a Xunta leva cambiando de criterio nas derradeiras semanas
a lo menos en 3 ocasións: primeiro ninguén os avisara, postura que mudou cando
apareceron na prensa as notificacións da concesionaria, despois que se tivesen as
competencias non permitirían estas baixadas de nivel e, finalmente, aludindo á unha
suposta connivencia da Confederación coas concesionarias.
É incuestionable que a Xunta de Galicia tivo coñecemento, pola empresa
concesionaria, do anuncio de baixada do nivel dos encoros de Cenza (10 de xuño) e
Portas (12 de xullo) dirixidas ao Servizo de Conservación da Natureza de Ourense,
dependente da Consellería de Medio Ambiente, e tamén, atendendo ao principio de
colaboración entre administracions, recibiron da Confederación Hidrográfica do MiñoSil correo a través do 112 da Xunta, tal e como xa se pudo demostrar.
Nota de prensa


A pesares de que a Consellería de Medio Ambiente tivo coñecemento do baleirado a
partires de xuño, non comezou a visitar os encoros ata o 20 de agosto como consta
nos expedientes sancionadores incoados pola Administración autonómica a este
Organismo de bacía.
Hai que indicar que a protección do medio ambiente pola administración
competente non precisa de comunicación nin denuncia para actuar de oficio se
a situación ten impacto medioambiental, pero a Xunta deixou pasar mais de 70 días
sen facer nada e non actuaron ata o 3 de setembro abrindo expedientes
sancionadores ás Concesionarias e á CHMS. As competencias en Medioambente son
ao 100% responsabilidade da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia,
podendo tomar as medidas que consideren oportunas e evitar o deterioro
medioambiental.
A Confederación non ten competencia ningunha para evitar a baixada de niveis de
auga encorada a menos que afecten ás normas de explotación dos encoros, neste
senso, ten abertos expedientes informativos dende agosto a tódolos encoros con
niveis baixos e ata o día de hoxe non se detectou incumprimento das normas de
concesión e explotación das citadas presas.
A posibilidade de intervención en base ao artigo 55 da Lei de augas, exgrimida por la
Conselleira, ese artigo só posibilita a intervención si as augas embalsadas teñen
outros usos como o abastecemento humano que ten prioridade sobre todolos demais
usos; no caso dos encoros con baixada de nivel non se dá esta circunstancia pois
son só de uso hidroeléctrico.
Por último, sobre a suposta conivencia entre concesionarias e Confederación, e as
80 peticións de autorización para baleirado de presas da CHMS á Consellería de
Medioambiente ata 2021, (supostamente unha das solicitudes exhibida pola
Conselleira na sua última intervención), cabe indicar que, por suposto, hai multiples
comunicacións entre ambalas duas administracions para determinados
procedementos administrativos concretos, tal e como a lei nos obriga, pero non para
o caso que nos ten tan preocupados este verán.

AVANTAR ACTIVIDADES


“Hai que dicir que estamos ante unha nova manipulación por parte de Xunta de
Galicia, xa que este trámite ten que facerse no caso de operacións de baleirado para
obras nos encoros ou para conservación excepcional, sempre que precisen baixar do
nivel mínimo marcado nas súas normas de explotación; e tamén, para a limpeza de
pequenos azudes das minicentrais para os que os concesionarios solicitan con
frecuencia o baleirado para proceder a retirada dos sedimentos; polo tanto, nada que
ver co tema que nos ocupa” explicóu Quiroga.
“Utilizar a auga e o medio ambiente como arma de confrontación política é moi grave,
non asumindo as competencias no medio ambiente que lle foron transferidas no seu
día e dando unha imaxe de que o único que importa á Xunta de Galicia é facer ruido e
enlamar en lugar de preservar e defender o medio ambiente” conclúe Quiroga.