Mañá entra en vigor o novo modelo de hostalaría segura con dous niveis en Galicia

Despois de meses de traballo, a Xunta e os hostaleiros oficializan o acordo co que pretenden darlle ao sector a estabilidade que non tivo durante boa parte da pandemia. A Xunta abrirá unha liña de axudas con seis millóns de euros para que os hostaleiros poidan adecuar os seus establecementos ao nivel de máis seguridade. Galicia é a primeira comunidade que establece este sistema.

Os establecementos xa non terán que pechar aínda que a situación empeore. A hostalería empezará a traballar con dous niveis dende mañá mércores. Os locais no nivel 1 terán aforo interior 50 % e exterior 75 %, distancia mínima de 1,5 metros entre mesas, exposición pública de aforos, medidor CO2 con anotación mínima cada 4 horas, máscaras quirúrxicas para o persoal que deben cambiarse cada catro horas e dúas os horas de formación por persoa. Os locais no nivel 2 terán aforo en interiores 75 % e en exteriores 100 %, uso individual de barras e un máximo de dúas persoas se son conviventes, rexistro clientes solo para restaurantes e probas diagnósticas cada 7 o 14 días para empregados.

AVANTAR ACTIVIDADES