A residencia Irmáns Prieto do Carballiño celebra o seu 120 aniversario

A residencia de maiores Irmáns Prieto do Carballiño celebraba esta mañá os actos do seu 120 aniversario, comezando pola Eucaristía. O bispo de Ourense, Don Leonardo Lemos, presidiu a Eucaristía, e alabou a importancia deste aniversario e da historia desta residencia.

Ademais, programouse unha visita polo centro e tamén tivo lugar un acto de homenaxe no que participaron ademais das autoridades os propios residentes. O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e outras autoridades coma a concelleira do PP Lidia Almonte ou Argimiro Marnotes Rodríguez, non quixeron perderse este acontecemento, acompañando ó director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, que tamén se referiu á situación vivida pola residencias durante a pandemia.

AVANTAR ACTIVIDADES

Esta celebración non queda aquí, xa que os próximos días aínda están programadas máis actividades. Mañá, día 16, celebrarase unha xornada de deporte cunhas olimpíadas e co concerto musical do Orfeón pola tarde. E o venres, día 17, celebrarán o día do patrón carballiñés co concerto da Banda de Gaitas e xantar popular.