Expourense inaugura o II Congreso Internacional sobre Augua e Saúde de Termatalia

Expourense inaugurou esta mañá o  II Congreso Internacional sobre Auga e Saúde de Termatalia e o IV Simposio Internacional sobre Termalismo e Calidade de Vida do Campus Auga da Universidade de Vigo.

Termatalia é unha cita que reúne a profesionais de máis de 12 países. O director de Expourense, Rogelio Martínez, presentou o evento, que durará ata o próximo venres.

AVANTAR ACTIVIDADES

Alfonso Rueda, Vicepresidente e Conselleiro de Turismo da Xunta de Galicia destacou a importancia de Termatalia para o futuro do turismo, que comeza a despegar de novo logo da pandemia.

Manuel Baltar, presidente da Deputación, falou de boas novas, de reactivación para o sector e de futuro prometedor ca chegada do AVE. E Flora Moure, concelleira de Turismo e Termalismo de Ourense, alabou a capacidade de reiventarse deste tan necesario evento para a provincia.

Manuel Reigosa, Reitor Magnífico da Universidade de Vigo, amosou a aposta pola especialización dos campus, facéndoos máis competitivos.

Juan Gestal, Director da Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago de Compostela, falounos dos beneficios do termalismo para a saúde, sobre todo para os doentes de covid.

Rodrigo Toro, alcalde do municipio de Santa Rosa del Cabal, Colombia, amosa a potencialidade termal do seu pobo, un caso único.

De xeito virtual estiveron presentes Ricardo Sosa, Secretario executivo do Instituto de Promoción Turística da Argentina e Kurt Von Storch, Director da Asociación Europea Quality in Health Prevention.

Nesta mostra está presente o stand do Carballiño-O Ribeiro, que foi presentado hoxe polas autoridades locais ca finalidade de poñer á altura internacional o potencial da contorna.