A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil , responde a nota de hoxe da Consellería de Medio Ambiente


A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) responde a nota de hoxe da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

“É a confirmación da manipulación constante da Conselleira con respecto á realidade nun novo exercicio de escapismo das súas propias competencias para actuar”incidiu Quiroga.

AVANTAR ACTIVIDADES

“Se na resposta do MITECO e na da CHMS falabamos da reforma ou adecuación do articulo 55 da Lei de augas para evitar estes episodios, é a proba palpable de que, até a entrada en vigor da nova normativa, non será aplicable ás baixadas de cota nos encoros de uso exclusivo hidroeléctrico, como son o catro encoros en cuestión situados na demarcación do Miño-Sil , explicou o presidente.”

Neste sentido, o MITECO foi moi áxil na súa tramitación normativa para evitar situacións deste tipo e, hoxe mesmo, publicou no BOE o RDL 17/2021 que, no seu artigo 10, Modificación do texto refundido da Lei de Augas. , habilita mecanismos para evitar estes baleirados, e que entrará en vigor mañá xoves, 16 de setembro:

https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?ide=BOE-A-2021-14974

As necesidades ambientais e sociais dos territorios requiriron a corrección destas situacións de baleirados moi acusados, co interese de preservar o medio ambiente e potenciar o desenvolvemento sustentable, pensamos que actuar en lugar de falar sen sentido é a clave para solucionar unha situación que nos preocupa ao conxunto da sociedade , concluíu o presidente