Mañá, festivo local no Carballiño, no día grande das Festas do San Cibrao

Mañá venres, día festivo local e día grande das festas, a xornada comezará ca procesión na honra de San Cibrao, ás 11:30 horas e misa solemne ás 12:30 horas. Ese día tamén haberá actuacións musicais, neste caso a cargo de La Oca Band, ás 19:00 horas tamén na Praza da Veracruz.

En canto ó sábado, prográmase a xornada pola igualdade, cun roteiro de Emilia Pardo Bazán organizado polo concello e o Centro de Estudos Chamoso Lamas; títeres e a actuación da banda de música de Barro. Pola tarde, a actuación musical dos Coribantes, ás 19:00 horas na Praza da Veracruz.

AVANTAR ACTIVIDADES

E xa o domingo, actuación ás 19:00 horas de Jorge Ferre, ex cantante da orquestra Panorama.

Deixamos o cartel ca programación completa para os próximos días: