O Carballiño e Piñor acollerán o concerto “O País das Bandas” esta fin de semana

Os concellos do Carballiño, Xinzo de Limia e Piñor acollen esta fin de semana senllos concertos do ciclo O País das Bandas, promovido pola Xunta en colaboración coa Federación Galega de Bandas de Música Populares no marco da programación cultural do Xacobeo 21-22. As actuacións serán a cargo de formacións dos concellos pontevedreses de Barro e Redondela, e do de Celanova.

A primeira sesión terá lugar o sábado ás 12,30 no Carballiño, coa Banda de Música Xuvenil de Barro, fundada en 1992 da man dun grupo de nais e pais organizados na Asociación Cultura e Xuventude de Barro. Dirixida por Pedro José Torres Diz, a formación interpretará Ponteareas, Second suite, Airiños aires e Cançons de mare. Soarán tamén Muiñeira da forxa, Orgullo santiaguista, Churrusqueira e A Manuela.

AVANTAR ACTIVIDADES

Concerto en Piñor, o domingo

Finalmente, o domingo ás 17,00 horas actuará en Piñor a Banda de Música de Chapela, procedente de Redondela. Presentada en 1995, ten a Andrés Álvarez como actual director. O seu repertorio componse por Soñar en Xirimbao, Santo Grial, Perfect, Festival Suite, Namaste, Symphony nº 4 e Bolero per a Lluis. Xunto a elas soarán La vida es bella e When de rain is coming.

O País das Bandas arrincou o pasado 1 de xullo e percorrerá Galicia ata o 19 de setembro con case un cento de concertos a cargo de 77 agrupacións que suman máis de 3600 músicos. O obxectivo é impulsar a recuperación da actividade das bandas na Comunidade, como grandes depositarias da tradición  musical galega.

A iniciativa desenvólvese ao abeiro do acordo asinado o pasado maio entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Federación de Bandas, mediante o que a Xunta cuadriplicou a súa colaboración con este colectivo, cunha achega de 400.000 euros.