Piñor abre o prazo de inscrición para o servizo concilia “Familias Tardías”

O Concello de Piñor informa da apertura do prazo de inscrición para o Programa PIÑOR CONCILIA “Familias Tardías” para o curso escolar 2021-2022, que será gratuito para tódalas familias. Trátase dunha medida de conciliación da vida familiar e laboral, validada pola Xunta de Galicia.

O servizo de Familias Tardías atende ós cativos dende a saída do colexio ata as 19:30h, de luns a venres no Centro Social (Albarona). Para elo, os participantes poderán cambiar a parada escolar para Albarona, onde o/a monitor/a os esperará para acompañalos ó Centro Social. Finalmente, deberán ser recollidos ás 19:30h polas familias no propio Centro Social.  Como outros anos,  ofrecerase apoio escolar diariamente ós cativos que cursen Primaria ou ESO, e o programa desenvolverase dende o luns 4 de outubro de 2021 ó 21 de xuño de 2022.

AVANTAR ACTIVIDADES

Seguirase o calendario escolar do colexio de referencia (CPI Virxe da Saleta), de maneira que os días non lectivos de carácter esporádico (ponte, etc) Familias Tardías pasará a ofrecerse en horario de mañá, de 10h a 14h. Por outra banda, nos períodos vacacionais (Nadal, Semana Santa e Entroido), o concello ofrecerá outras actividades de conciliación de carácter máis lúdico.

Destacar que, por mor do COVID19, haberá:

  • Medidas preventivas hixiénicas e sanitarias, que serán dadas a coñecer ás familias usuarias.
  • O alumnado participante deberá levar máscara en bo estado. Non obstante, na aula haberá máscaras para poder empregar de forma puntual, en casos de rotura ou extravío.
  • Prazas limitadas: velando así polo mantemento da distancia de seguridade e medidas sanitarias por mor do COVID19. A orde de inscrición será por orde de entrada no rexistro municipal.

Por motivos organizativos, o prazo de inscrición será ata o 30 de setembro. Toda persoa interesada debe acudir a Servizos Sociais, onde obterá máis información.


VIDEO SPOT PIÑOR en BADAL TV