As festas do San Cibrao, unha ollada 35 anos atrás cando un grupo de mozos organizou festas alternativas.

Esta fin de semana, O Carballiño celebra as súas festas patronais do San Cibrao, co seu día grande o 17 de setembro. Aínda que este ano, a celebración é limitada a causa da pandemia, como xa acontestas festas adoitan ser unhas das máis chamativas da provincia en canto á súa programación.

A celebración máis alá dos actos relixiosos remóntase a máis de 30 anos atrás. Concretamente, no ano 1986, fai 35 anos, as festas destacaban por ter dúas vertentes de organización. Por unha banda, estaba a comisión oficial de festas, e, por outro lado, un grupo de mozos, e entre eles estaba o actual alcalde do Carballiño, Francisco Fumega. A comisión oficial conseguía a financiación de xeito tradicional, aínda que tamén editaban un folleto ca programación, algo que perdurou no tempo, acompañada por artigos de ilustres da vila e tamén algunhas novas, coma nese ano o anuncio da creación da Casa do Emigrante.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os mozos creaban, editaban e difundían un cartel anual que vendían entre os veciños, coma recordo de cada San Cibrao, e mediante o que conseguían financiar a oferta de actividades que propoñían. No caso deste ano, 1986, o cartel representaba a banda de música, cun fondo no que, de xeito reivindicativo, se amosaba a cima da torre da igrexa da Veracruz tapada xa por numerosos altos edificios. O autor do cartel é Suso Obenza, veciño do Carballiño vencellado familiarmente a famosa ” Casa Gazpara”

As festas daquela época tiñan tradicións que hoxe xa non se manteñen, coma o adianto do Concurso de gando de raza rubia galega, facéndoo conicidir co evento. Outras cousas, coma o desfile de xigantes e cabezudos, pasarrúas e actuacións de bandas de gaitas de diversos lugares, aínda manrcan a programación de hoxe. Naquela época, as actuacións de orquestras xa atraían a mozos e maiores, neste caso ca presenza de Nebraska e Crisol, hoxe en día adaptadas para atraer á xuventude ás verbenas.

Iso pola parte oficial. Pola banda alternativa de mozos, programaban exposicións na Casa da Cultura, recitais poéticos, proxeccións de filmes ou torneo de tenis de mesa.

A pesar do paso do tempo e do cambio social, estas tradicións perduraron no tempo. Hoxe en día, o único que fixo cambiar drásticamente a programación do San Cibrao foi unha pandemia.

IMAXE ca nova da Voz de Galicia