O Psdeg-Psoe na mancomunidade do Ribeiro cuestiona o reparto de costes na recollida do lixo.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Psdeg-Psoe na mancomunidade do Ribeiro cuestiona o reparto de costes feito polo presidente na recollida do lixo e critica a falta de transparencia no servizo

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os socialistas culpan o presidente e alcalde de Leiro polo PP, Francisco José Fernández, de “repetir unha e outra vez un discurso baleiro” sobre como se reparten os costes do devandito servizo

Lembran que levan anos denunciando a situación e non se esquecen que “o reparto interesado que se está aplicando xa produciu que cinco dos fundadores da mancomunidade a abandonaran”

O PSdeG-PSOE do Ribeiro na mancomunidade do Ribeiro cuestiona, unha vez máis, o reparto de costes no servizo de recollida de lixo que o presidente da mancomunidade e alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, aproba cada ano. Os socialistas critican que o rexedor se empeñe unha e outra vez en repetir o mesmo discurso “baleiro” sobre como se reparten os costes do servizo e amosan a súa desconformidade co funcionamento deste ente, lembrando que “cinco dos fundadores da mancomunidade xa abandonaron a mesma ao longo dos últimos anos”.

Dende o PSdeG-PSOE do Ribeiro critican tamén os costes do servizo da recollida de lixo, que neste caso corre a cargo da mancomunidade e poñen como comparación os concellos de Beariz, Larouco, A Bola, San Amaro ou Carballeda de Valdeorras, entre outros corenta sete más por toda a provincia e cuxa recollida de lixo corre a cargo da Deputación de Ourense. Os socialistas consideran que o reparto de costes non é o correcto actualmente e lémbranlle o presidente da mancomunidade que so emprega como parámetro a poboación, namentres que o ente provincial utiliza a maiores o tempo e a distancia.

Dende o grupo socialista na mancomunidade argumentan que o tamaño poboacional dos concello de Arnoia (977 habitantes), Cenlle (1100) e Cortegada (1070) so similares e achegan o custe do servizo no reparto de ambos concellos pode supoñer o 50% do mesmo. Os socialistas consideran que as distancias entre concellos son similares, polo que “non entendemos que a mancomunidade xustifique que pare recoller o lixo en dez parroquias de Arnoia se necesiten 5 horas, e en Cenlle co mesmo número 12,5 ou en Cortegada con sete, tres menos, precisen 11 horas”.

Os voceiros socialistas do Ribeiro, subliñan que “levamos meses denunciando a situación e aguantando os ataques do presidente e o PP no que nos acusaban de mentir e dicían que estaban moi orgullosos de pertencer a mancomunidade, aínda que agora xa se plantean o cambio de criterio da

imputación de costes do servizo”. Os concelleiros socialistas tamén apuntan a que “os socialistas non esquecemos que o reparto interesado e que se está aplicando leva moito tempo sendo aprobado polos alcaldes actuais e probablemente foi unha das moitas razóns polas que cinco dos concellos fundadores da mancomunidade a abandonaran”.

Cuestións a aprobación dos orzamentos

O grupo socialista na mancomunidade tamén lanza unha serie de cuestión aos alcaldes da mancomunidade, dos que din “non require formación para exercer como alcaldes, pero preguntámonos se entenden as explicacións que reciben das contas na Mancomunidade e coas que tan satisfactoriamente aproban os resultados”.

Os socialistas presentaron por rexistro unha serie de preguntas nas que pon o foco nos rexedores da mancomunidade, que curiosamente son todos do Partido Popular. Pregúntanse, deste xeito, “se estes alcaldes coñecen a obriga de procurar na súa xestión, a eficacia e a eficiencia dos recursos públicos destinados á prestación de servizos municipais a os seus veciños, tanto en xestión directa como indirecta, é dicir, delegada como é o caso dos recursos que xestiona a mancomunidade?”.

Os socialistas finalizan afirmando que de “todos é sabido que a información e a documentación da xestión elaborada pola mancomunidade do Ribeiro explícase nunha ou dúas reunións aos alcaldes”. Critican tamén os socialistas, que estes mesmos alcaldes “posteriormente non saben responder ás preguntas da oposición nos seus concellos o que é unha proba evidente da ineficacia na xestión do alcalde de Leiro e presidente da mancomunidade”.