Espazo Común presenta unha moción para que se deixe de enganar á cidadanía co novo centro de saúde e se apuren os trámites

Os enredos do alcalde e a non convocatoria da Comisión Municipal só voltan a reflectir a acción dun goberno opaco e incapaz.

O Grupo Municipal de Espazo Común, ven de presentar unha moción para que sexa tratada no vindeiro pleno da corporación carballiñesa.

AVANTAR ACTIVIDADES

Nela incídese na necesidade de axilizar os trámites para que esta vila dispoña dun novo Centro de Saúde. A moción orixinalmente aprobada en novembro de 2019, quedou en auga de borrallas e dende aquela os bailes aos que nos ten habituado o alcalde Fumega contaron coas palmas da Xunta de Galicia.

En Santiago están encantados coa ineptitude do goberno local pois, a este ritmo, seguirán quedando ben con novas declaracións de intencións pero sen incluir partida algunha nos orzamentos de 2022. Será o terceiro ano perdido por culpa dos vendedores de fume.

Namentres, Lalín avanza na construción do seu novo Centro Integral de Saúde cun orzamento que ronda os 9.000.000 de euros ou Boborás que xa anunciou que conta cun proxecto xa elaborado.

Aquí, o señor Fumega, dous anos despois, aínda anda a ver onde lle interesa a el persoalmente que se ubique a nova infraestrutura.


MOCIÓN

                                                    EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

No pleno de novembro de 2019 xa se acordou a proposta de Espazo Común unha moción apoiada por unánimidade para demandar á Xunta de Galicia a construción dun novo Centro de Saúde que é absolutamente imprescindible para O Carballiño.

Nese mesmo acordo, incluise a creación dunha comisión municipal con representación de tódolos grupos. O seu obxectivo principal, debía de ser axilizar e consensuar os pasos a dar para unha infraestrutura vital para o futuro xa non só da nosa vila, senon de toda a comarca.

Coma sempre, o alcalde queda ben diante das cámaras e despois non cumpre un só dos acordos tomados.

2 anos despois, só houbo unha reunión ao pouco tempo daquel pleno e nunca máis se soubo. Iso sí, titulares na prensa, xa levamos uns poucos.

Moito autobombo e ningunha realidade.

Namentres, Lalín xa ten en marcha a construción do seu novo Centro Integral de Saúde cun orzamento que supera os 9 millóns ou Boborás que xa anunciou que xa ten o proxecto redactado para o seu.

No Carballiño, tempo perdido e enredos. Despois de meses sen movemento algún, o alcalde anunciou nos medios de comunicación, como non, que ía remitir tres propostas de soares á Xunta para a execución dise proxecto.

Unha postura ben pouco transparente e nada consensuada.

Ante a denuncia pública feita por Espazo Común, mudou inmediatamente o discurso e comezou a falar dun concurso público.

As conclusións son moi sinxelas de tirar: a)ou hai un grao de ignorancia e torpeza descomunal ou os intereses que se están a manexar non son, precisamente, os xerais.

b) Lévase perdido un montón de tempo na habitual venda de fume e aínda non se deu un só paso real, o cal vai supor que tampouco no 2022, a Xunta inclúa partida algunha nos seus orzamentos para o novo Centro de Saúde do Carballiño.

Visto todo o anteriormente comentado,

                                                                         SOLICITAMOS

  1. Que o alcalde do Carballiño convoque de xeito urxente a Comsión Municipal para o novo Centro de Saúde.
  2. Que tódalas xestións deste procedemento se fagan rápido e coa maior das transparencias.