O gaiteiro Isidro Vidal retoma en setembro o Centro de Música do Casino do Carballiño

O pasado sábado celebrouse na vila de Ponteareas a LIV edición do concurso de gaitas do país, no que participou o grupo Bordón Grellado do que forman parte o carballiñés Isidro Vidal e Miguel Diz nas gaitas e Ivan Blanco e Miguel Rivas na percusión acadaron o primeiro premio neste afamado concurso participando con dúas composicións de Isidro Vidal. Neste mes, Vidal puxo en marcha baixo o nome de Edicións Bordón, un pequeno selo discográfico e editorial, especializado en música tradicional, folk e músicas do mundo.

En setembro, o Centro de Música Isidro Vidal (ubicado no Casino do Carballiño) volta a abrir as portas un curso máis ofertando a ensinanza de gaita galega ou percusión tradicional mantendo o prazo de matrícula aberta.

AVANTAR ACTIVIDADES