O obradoiro “Ribeiro 21” forma en albanelería e forestal a 26 alumnos

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, acompañado do presidente da Mancomunidade de Concellos do Ribeiro, Francisco José Fernández, e varios alcaldes do Ribeiro, clausuraron e fixeron entrega dos diplomas aos alumnos do obradoiro de emprego Ribeiro 21. O delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, aproveitou este acto para anunciar unha nova convocatoria de obradoiros para este próximo ano, case duplicando a inversión actual e cunha concesión para 82 concellos da provincia.

Hoxe, recibiron o seu diploma os 26 alumnos deste obradoiro. Os módulos impartidos foron o de albanelería e o forestal. Entre as actividades prácticas desenvoltas atopáronse melloras en lugares públicos dos concellos adheridos á Mancomunidade e tamén en espazos naturais. Entre eles destaca, por exemplo, as actuacións no Camiño Miñoto Ribeiro.

AVANTAR ACTIVIDADES