Galicia comeza a administrar a terceira dose da vacina en residencias

O pasado 27 de decembro, a residencia Porta do Camiño de Santiago de Compostela era a primeira en recibir a vacina fronte á covid-19. Nove meses máis tarde, case a totalidade da poboación galega pasou xa pola vacinación. Esta mañá, logo de varias semanas de dúbidas, chegou a aplicación da terceira dose, comezando tamén por esta mesma residencia. Polo de agora, serán so as residencias e as persoas de risco as que reciban esta dose extra. Nives Cabo foi a primeira vacinada galega, e hoxe, de novo, a primeira en recibir a terceira dose, sempre contenta animando a todos a que se vacinen.

En Ourense remataron xa as xornadas de vacinación masiva. Nos últimos días abriuse a vacinación sen cita para todos aqueles que non recibiran a súa dose.

AVANTAR ACTIVIDADES