O GES de Ribadavia retoma a campaña de trampeo de reíñas de vespa velutina

Este mes de setembro comeza, ata decembro, a campaña de outono para trampeo das raíñas da Vespa velutina. O GES de Ribadavia leva o mantemento directo de espazos públicos como son os centros educativos CRA San Paio, CRA Francelos, CRA San Cristovo, o campo de Fútbol de San Cristovo, A Quinza, Veronza vella e Veronza Nova , a Alameda , os Xardinillos, a Capela de Santa Cristina, a Área de Valboa, o Parque de Francelos, o Balneario de Prexigueiro, o Parque Robla, Fondales Francelos , o Cuartel da Garda Civil , o Pavillón Consello, o Punto Limpo, as Autocaravanas, o CEIP Plurilingüe e o IES Ribeiro FP.

Ademais, levan o seguimento e dan apoio a un total de 55 trampas en todo o concello de Ribadavia, colaborando tamén co Concello de Arnoia, Melón e Carballeda de Avia.

AVANTAR ACTIVIDADES

No Ribeiro, ademais, hai apicultores e particulares que xa teñen experiencia, e trampean pola súa conta. Para o trampeo, recordan que se utilizan para cada litro de auga, 400gr. de azucre e 10gr. de levadura de panadería.